O Concello de Boqueixón informa da apertura do prazo de presentación das solicitudes de participación no programa de termalismo do Imserso para 2025.
NORMATIVA
Orde SSI/1688/2015, de 30 de xullo, pola que se regula o Programa de Termalismo do Instituto de Maiores e Servizos Sociais. (BOE nº 190 do 10/08/2015). Novidades da nova Orde
Resolución do 26 de novembro de 2024, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, pola que se convocan prazas para pensionistas que desexen participar no Programa de Termalismo. (BOE nº 295 do 7/12/2024).
REQUISITOS DAS/DOS USUARIAS/OS
- Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:
- Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.
- As persoas usuarias de praza deben reunir os seguintes requisitos:
- Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
- Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
- Acadar, de conformidade coa baremación establecida, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas. Ponderaranse as seguintes variables:
- Grao de necesidade de recibir os tratamentos termais.
- Situación económica dos solicitantes.
- Idade dos solicitantes.
- Que non disfrutara da praza en anos anteriores.
- Se o/a solicitante e membro dunha familia numerosa.
- Outras circunstancias excepcionais non contempladas nas variables anteriores.
- Igualmente, poderán participar no programa as persoas de nacionalidade española, que residan no estranxeiro, sempre que perciban unha pensión do Sistema de Seguridade Social español e conten coa idade exixida no parágrafo 1 anterior, ou sexan asegurados ou beneficiarios do Sistema da Seguridade Social, con idade igual ou superior a 65 anos, e en todos os supostos, reúnan o resto dos requisitos exixidos ás persoas usuarias no parágrafo 2 anterior.
- Tamén poderán ir acompañados do cónxuxe ou a parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal, sen necesidade de que estes reúnan algún dos requisitos exixidos no parágrafo 1 e, en todo caso, cumprindo os requisitos previstos no parágrafo 2.
Asimesmo, poderán ser adxudicatarios de praza, os fillos con discapacidade, en grao igual ou superior ao 45 %, sempre que a quenda a disfruten cos seus pais e se aloxen na mesma habitación.
PRAZAS E QUENDAS CONVOCADAS
Convócanse 197.000 prazas para participar no Programa, a desenvolver nas quendas e balnearios que se relacionan no anexo III.
Sen prexuízo do anterior, esta convocatoria contempla a oferta de prazas para establecementos termais que formalicen os seus contratos co Imserso no ano 2025.
O tipo de tratamento termal a impartir por cada balneario, asi como o prezo a pagar polos participantes e acompañantes, por praza e quenda tamén se especifica no anexo III.
Para 2025 as quendas terán unha duración de 10 días (nove pernoctacións) cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as doce horas do día de chegada ata as doce horas do día de salida.
O Programa desenvolverase durante o período comprendido entre o mes de febreiro e o mes de decembro de 2025.
SERVIZOS
- Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido.
- Tratamentos termais que comprenderán: recoñecemento médico ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o médico do balneario; o seguimento médico do tratamento.
- Actividades de lecer e tempo libre ofertadas gratuítamente polo balneario.
- Póliza de seguro.
En todo caso, os beneficiarios das quendas realizarán os desprazamentos aos establecementos termais, así como o de regreso aos seus domicilios, directamente polos seus propios medios.
Con todo, o transporte por conta do balneario, nos casos que se expresan no anexo III indicado na columna final, realizarase desde a localidade (concertada co balneario) máis próxima ao balneario con transporte público ata a estación termal ao comezar a quenda e o regreso, ao finalizar o mesmo.
O Imserso contribuirá ao financiamento do custo das prazas cunha achega entre 169,44 euros ou 195,12 euros, segundo o mes de desenvolvemento. Esta achega farase efectiva directamente polo Imserso ao establecemento termal.
PREZO E FORMA DE PAGO DAS PRAZAS
O prezo para pagar polos usuarios e, no seu caso, os acompañantes, por praza e quenda, ascende ás cantidades que se sinalan, para cada balneario, mes e tipo de quenda, no cadro anexo III.
As persoas usuarias, e no seu caso os acompañantes, abonarán o custe das plazas da seguinte forma:
- Con antelación á súa incorporación no balneario e nos prazos que se determinen na notificación de concesión de praza, abonarán, en concepto de gastos por reserva de plaza, 40 euros, por praza adxudicada.
- A diferencia entre o custe da praza e a cantidade abonada en concepto de reserva, ao ingreso no establecemento termal.
DOCUMENTACIÓN
Sen prexuízo de que as persoas solicitantes poidan formular a súa solicitude nos prazos e termos establecidos anteriormente, coa finalidade de simplificar trámites, remitiranse comunicacións singulares a todas as persoas solicitantes que, reunindo os requisitos da convocatoria do ano anterior, os seus expedientes estean completos.
- Solicitude telemática| Solicitude 2025 pdf.
- A Declaración sobre o estado de saúde efectúaa o propio solicitante e, no seu caso o seu cónxuxe. Non precisa ir ao médico para que a cumprimente.
LUGAR DE PRESENTACIÓN
- Servizos Sociais Comunitarios
- Centros dependentes da Consellería de Politica Social e Igualdade (centros sociocomunitarios, clubes da terceira idade, etc.)
- Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social e Igualdade
Para o enchemento e presentación das solicitudes disponse dos seguintes medios:
– Prioritariamente a presentación de novas solicitudes realizarase de forma telemática a través da sede electrónica do Imserso (https://sede.imserso.gob.es). O acceso á solicitude deste procedemento non require autenticación electrónica (Cl@ve, certificado electrónico ou DNI electrónico) por parte da persoa interesada.
– Descargar e cumplimentar a solicitude, e remitila por algún dos seguintes medios:
- A través dos rexistros electrónicos e oficinas relacionados no artigo 9 da Orde SSI/1688/2015, do 30 de xullo, pola que se regula o programa de termalismo do Imserso
- En sobre franqueado, non por correo certificado, á dirección: Programa de Termalismo do Imserso, apartado de correos 61.285 28080 Madrid.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Establécense dous prazos para a presentación de solicitudes:
a) Para participar no proceso de adxudicación de praza:
- Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 9 de xaneiro de 2025.
- Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 de maio de 2025.
b) Para a súa inclusión na Lista de Espera de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:
- Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 14 de maio de 2025.
- Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 31 e outubro de 2025.
BALNEARIOS PARTICIPANTES E INFORMACIÓN DE CONTACTO
- Balnearios participantes por Comunidade Autónoma 2023 e prezos
- Balnearios participantes
- Web IMSERSO
- Teléfonos: 912 667 713 / 917 033 694
DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS CON CITA PREVIA (981 513 106)