O Concello de Boqueixón abre o prazo de inscricións nunha nova edición do servizo de conciliación Nadal Activo, un programa lúdico educativo que facilita a conciliación laboral e familiar nestas vacacións de nadal.
As actividades desenvolveranse nas instalacións do concello de do CPI Orza Couto.
O Concello oferta un máximo de 25 prazas. Consulta as bases.
Datas: días 23, 26, 27 e 30 de decembro e días 2, 3 e 7 de xaneiro de 2025 (coincidindo co período vacacional do nadal)
Horario: de 09:00 a 14:00 horas.
Dirixido a: rapazada que curse 2º ciclo de educación infantil, primaria e secundaria, con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos, cuxas nais, pais, titoras ou titores estean empadroados/as en Boqueixón (mínimo 3 meses de antigüidade) ou cando os/as menores estean escolarizados nun centro educativo do concello de Boqueixón.
Prezos: Programa completo 50,00 € . Días soltos 10,00 €.
Inscricións: Realizaranse enviando a ficha de solicitude e demais documentación obrigatoria, a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón (preferentemente) ou ben presencialmente no Rexistro Xeral do concello, ata cubrir as prazas.
Cabe a posibilidade de solicitar días soltos.
No caso de existir maior número de solicitudes de participantes empadroadas/dos no Concello de Boqueixón ou matriculados/das nun centro educativo de Boqueixón, adxudicaranse as prazas por sorteo.
Documentación obrigatoria:
- DNI do solicitante
- Declaración da renda do 2023 ou xustificante acreditativo de non ter que presentala (Obrigatoria nos supostos de solicitar bonificacións).
- Documento acreditativo de familia numerosa, familia monoparental, vítima de violencia de xénero (Obrigatoria nos supostos de solicitar bonificacións).
- Documentación complementaria no caso de que sexa requirida.
Exencións e bonificacións:
Supostos de bonificación | Porcentaxe de bonificación |
Supostos de emerxencia social ou outra situación valorada tecnicamente polo Departamento de Servizos Sociais/Centro de Información á Muller. | 100 % |
Unidades familiares con ingresos que non superen o IPREM: 600,00 € / mes. 7.200,00 € /ano (12 pagas); 8.400,00 € / ano (14 pagas) | 100 % |
Unidades familiares e familias numerosas con ingresos que non superen en 2 veces o IPREM: 1.200,00 € / mes; 14.400,00 € / ano (12 pagas); 16.800,00 € / ano (14 pagas). | 75 % |
Unidades familiares e familias numerosas con ingresos que non superen en 3,5 veces o IPREM : 2.100,00 € / mes; 25.200,00 € / ano (12 pagas); 29.400,00 € / ano (14 pagas). | 50 % |
* 2º membro da unidade familiar matriculado no mesmo período de tempo. | 25 % |
* 3º e sucesivos membros da unidade familiar matriculados no mesmo período de tempo | 50% |
Cálculo do IPREM (Declaración do IRPF 2023): base impoñible xeral (recadro 435) + base impoñible de aforro (recadro 460) dividido entre 12 meses.
Máis información nos teléfonos 981513061 e 981 513106 ou no correo electrónico cim@boqueixon.com
Adxuntos
- Bases nadal activo (132 kB)
- Ficha nadal activo 24-25 (163 kB)