O Concello de Boqueixón conta con 4 prazas para a Campaña da Neve 2025, que organiza a Deputación da Coruña. Unha experiencia dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 11 e os 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2024) e que terá lugar na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias).
As datas asignadas á rapazada de Boqueixón son do 14 ao 17 de febreiro de 2025 e para participar é imprescindible estar empadroado/a en Boqueixón. No caso de que haxa máis de 4 solicitudes, procederase a realizar un sorteo diante do secretario municipal.
O prezo da viaxe é de 85€, que inclúe transporte, estadía e manutención, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todas as actividades programadas.
O prazo de inscrición está aberto ata o 2 de decembro, presencialmente no Concello ou a través da sede electrónica. Descarga a ficha de inscrición.