O salón de plenos do Concello de Boqueixón acollerá o mércores 20 de novembro, ás 12:30 horas, a novena edición do Pleno Infantil, que contará coa participación da rapazada de 6º de Primaria do CPI Antonio Orza Couto. Trátase dunha actividade organizada polo Departamento de Servizos Sociais de Boqueixón con motivo do Día Internacional dos Dereitos das Nenos e dos Nenos, que se conmemora ese mesmo día.
Así, unha representación do alumnado exporá as súas reflexións ao alcalde, Ovidio Rodeiro, e aos seus propios compañeiros e compañeiras, despois do traballo realizado previamente na aula. Este Pleno Infantil levarase a cabo dentro das actividades dirixidas á infancia e á adolescencia propostas por Unicef Galicia.