Atendendo ao chamamento realizado dende a Federación de Municipios e Provincias (FEMP), que advirte de que se están rexistrando problemas de distribución e almacenamento dos produtos recollidos na campaña de axuda ás persoas afectadas pola DANA, o Concello de Boqueixón suspende a recollida de materiais e alimentos que se estaba a realizar na base de Protección Civil do Forte.
No seu lugar, e seguindo as indicacións da FEMP, instamos a todos os veciños e veciñas que desexen colaborar a que o fagan a través de doazóns económicas nas contas habilitadas polas organizacións que traballan na zona:
- Generalitat Valenciana: Banco Sabadell ES94 0081 0693 6100 0242 3445
- Cruz Roja Española: bizum ao 33512 / SMS coa palabra “AYUDA” ao 3802 / www.cruzroja.es/colabora
Dende o Concello agradecemos a colaboración amosada estes días polos veciños e veciñas de Boqueixón en favor de todas as persoas afectadas pola DANA, unhas achegas que serán enviadas aos seus destinatarios entre hoxe e mañá.