Xa tes á túa disposición a versión dixital do boletín municipal Xanela do mes de Novembro de 2024, que nos próximos días chegará á túa casa. Nel atoparás as últimas novas do Concello de Boqueixón, en especial o inicio da parcelaria de Lamas, Loureda, Sergude e Vigo coa convocatoria da Xunta de Titulares para o próximo luns 11 de novembro, ás 11:00 horas, no Pazo de Quián.
Lembra que hai unha canle oficial de WhatsApp para seguir todos os avisos neste enlace, no código QR que incorpora a revista e na web da Consellería do Medio Rural.
Ademais, presentámosche a nova campaña para promover a compostaxe doméstica e reducir a pegada ecolóxica, a VI Xornada de Sensibilización en Violencia contra a Muller e animámoste a participar no Concurso de Fotografía “Boqueixón en imaxes”. Lembra: fotos en horizontal, dun tamaño mínimo de 2000 x 1500 píxeles e cunha temática relacionada coas paisaxes, festas e eventos celebrados en Boqueixón.
Adxuntos
- XanelaNovembro2024 (935 kB)