O Concello de Boqueixón informa dunha nova xornada de vacinación para aquelas persoas maiores de 80 anos que non se teñan vacinado fronte á gripe e a covid-19 neste mes de outubro. Esta repesca terá lugar no Centro de Saúde do Forte o martes 5 de novembro, de 15:00 a 20:00 horas.
Por outra banda, indicar que a partir de hoxe mércores 30 de novembro comeza tamén a campaña de vacinación fronte á gripe e a covid-19 en grandes recintos. A Dirección Xeral de Saúde Pública chama en primeiro lugar á poboación con idades comprendidas entre os 70 e os 79 anos. Neste caso, o punto de vacinación é a Cidade da Cultura de Santiago, de luns a sábado en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 21:00 horas.
Toda a información sobre a campaña está dispoñible na páxina web da Consellería de Sanidade.