O Concello de Boqueixón informa de que o prazo para acollerse ás axudas do Bono Concilia Familia ábrese hoxe mércores 18 de setembro e estará aberto ata o vindeiro 17 de outubro. No Diario Oficial de Galicia tes toda a información sobre a convocatoria deste programa pensado para que os pais e as nais que traballan poidan atender as súas necesidades de conciliación de carácter puntual como, por exemplo, por enfermidade, cuestións laborais ou durante os períodos de vacacións escolares.
Compre lembrar que o Concello de Boqueixón conta cun Servizo Municipal de Canguraxe de balde para o coidado de nenos e nenas menores de 11 anos no propio domicilio familiar. Trátase dunha iniciativa que pode solicitarse en casos especiais como cuestións médicas, entrevistas de traballo ou citas ante a Administración. Máis información.
Novidades do Bono Concilia Familia
A dotación do Bono Concilia Familia aumenta este ano a súa dotación económica inicial en case un 70% con respecto ao ano pasado, ata acadar os 2,6 millóns de euros. Ademais, amplíase a todos os nenos que cumpren 13 anos en 2024, cando ata o de agora estaba limitada ata os 12 anos.
Outra mellora da convocatoria 2024 é que simplifica a petición da axuda para axilizar a tramitación e pagamento, eliminándose a presentación dalgúns documentos que a administración xa pode consultar internamente e non ten necesidade de pedilos ás familias.
As contías desta axuda poden ser de:
- 500 € por unidade familiar para a contratación dunha persoa empregada do fogar ou servizos de atención á infancia a domicilio
- 200 € por cada neno para o pago de campamentos ou doutros recursos de conciliación, como ludotecas ou espazos infantís.
Polo tanto, unha familia con tres fillos pode percibir unha axuda de ata 600 euros. O ano pasado, concedeuse o Bono Concilia Familia a preto de 11.000 familias galegas, duplicando as cifras de 2022. A previsión para a convocatoria deste ano 2024 é beneficiar a unhas 13.500 para este novo inicio do curso.
Adxuntos
- Doga Bono concilia 2024 (833 kB)