O Concello de Boqueixón informa da apertura do prazo de inscrición no programa “O teu mellor verán”, un programa de actividades dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos convocado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. O prazo de solicitude ábrese hoxe luns 3 de xuño ata o 10 de xuño. Máis información e inscricións na Dirección Xeral de Xuventude. Formulario de inscrición.
O programa conta con 200 prazas e ofrece 5 actividades:
- Aventura en Cabana. Do 8 ao 11 de agosto. Albergue municipal de Cabana de Bergantiños (A Coruña). Visitas e roteiros: Balarés e o Esteiro do Anllóns (camiñamos ata Balarés por un tramo do Camiño dos Faros), visita ao Forno do Forte, ao MELGA (Museo Etnolúdico do Xogo Tradicional), saída polo Rego dos Muíños ata o Castro de Borneiro, con visita teatralizada ao dolmen de Dombate, visita á vila de Laxe e tren turístico, con visita á lonxa para presenciar unha poxa e visita á praia dos Cristais; multiaventura e acuáticas: paddel surf e descenso en caiacs polo Anllóns, xogos na praia; outras: obradoiro de barro, observatorio de aves, xogos de convivencia na praza e na praia do Pendón e veladas.
- A carón da Mariña. Do 22 ao 25 de agosto. Campamento xuvenil A Devesa (Ribadeo – Lugo). Visitas e roteiros: ruta de interpretación ambiental “Camiño Real de Sargadelos”, visita cultural e praia en San Cibrao, praia das Catedrais visita ao areal (condicionada á obtención de reserva na Xunta de Galicia); multiaventura e acuáticas: descuberta na vila histórica de Ribadeo, xogo de escapismo na Devesa, ruta en caiac de mar; obradoiros: de lettering, de creatividade mariña: decoración en cerámica e estampaxe de bolsas de tea; outras: “A hora dos xogos”, xogos alternativos do Mundo; nocturnas: observación astronómica, veladas de xogos.
- Allariz artístico. Do 11 ao 14 de xullo. Albergue de Allariz (Ourense). Actividades artísticas: xogo de presentación para coñecer as cualidades artísticas das/dos participantes a carón do río Arnoia, na praia fluvial de Acearrica, taller de ilustración con Aira Editorial, introdución á expresión corporal e danza na natureza en Amiadoso (por grupos); visitas e roteiros artísticos: roterio ata o ecoespazo O Rexo (7 km) con actividade transversal de fotografía na natureza, visita ao bosque de Ibarrola e actividade de pintura corporal, visita ao Museo do Coiro e actividade de artesanía; de aventura: misión imposible pola aldea, hípica no picadeiro de Reatur (por grupos) e xincana deportiva/artística, baño no río; nocturnas: xogo nocturno “teatro por Allariz: A historia da festa do Boi”; xogo de escapismo nocturno por Allariz “Romasanta o lobishome alaricano”, velada “A túa cara sóame” e festa final.
- Verán de altura. Da montaña ao ceo. Do 18 ao 21 de xullo. Albergue de Montaña de Trevinca (A Veiga, Ourense). Natureza e mitoloxía: sendeiro da cántara da Moura con rastrexo fotográfico, para descubrir a marabillosa paisaxe á vez que desfrutamos das aventuras que o camiño nos reserva; deportivas e acuáticas: caiac, paddle, embarcacións de recreo tipo pedaletas, actividades deportivas na Praia dos Franceses, olimpíadas rurais na área recreativa do Coiñedo; paseo en catamarán; de aventura: misión imposible Desempedrando A Veiga (descubrimento dos encantos da Veiga, a casa das pedriñas, curiosidades, monumentos, cultura, tradición, comercio local onde os participantes deberán superar todos os retos e probas a desenvolver pola vila); escalada, ruta BTT; astronómica: descubriremos os segredos do universo no centro astronómico de Trevinca, para deleitarnos coas marabillas do ceo nocturno; veladas: Noite meiga (competición de destrezas e habilidades entre tribos) e Far-Fan (bailes, creatividade e retos musicais).
- Ceo, Auga e Terra. Do 1 ao 4 de agosto. Residencia complexo Cemar (Mondariz Balneario, Pontevedra). Roteiros e visitas: sendeirismo polo río Tea (3 km), roteiro dos castelos con actividade teatralizada (Castelo de Villasobroso – Lavadoiro de Pazos de Borbén), ruta cabalar – Castro Toroña, visita ao proceso de embotellado de Augas de Mondariz; multiaventura e acuáticas: paintball, praia fluvial do río Tea, piscina, caiac, rápidos, sesión de balneario no Palacio del Agua; nocturnas: visita guiada astronómica e observación de estrelas no Monte Faro de Cóvelo e veladas: discoteca e xogo de escapismo do terror.