O Concello de Boqueixón informa dun corte de auga na localidade de Lestedo que terá lugar mañá venres 19 de abril, de 9:00 a 13:00 horas, para a reparación dunha avaría na rede municipal de abstecemento de auga. O corte de auga afectará a todos os edificios de Residencial O Forno, á marxe dereita da Avenida do 26 ata Ramil e á veciñanza da rúa Rebordelo.
Esta interrupción do servizo de auga está motivada pola realización de traballos de reparación da rede municipal de abastecemento na zona. Unha avaría xurdida na xornada de hoxe e que, a pesar dos traballos realizados durante toda a xornada, non pode ser reparada na súa totalidade sen o devandito corte no subministro. Dende o Concello de Boqueixón agardamos que estes necesarios traballos de reparación rematen o antes posible e pedimos desculpas polas molestias que poidan ocasionar.