Os Concellos de Boqueixón, Touro e Vedra, a través do Centro de Información á Muller, convoca a segunda andaina “No camiño da Igualdade”, que terá lugar o domingo 10 de marzo. A participación é totalmente de balde, se ben por razóns de loxística é preciso anotarse antes do 7 de marzo neste formulario web ou chamando aos teléfonos 981 513 106 (Boqueixón), 981 504 029 (Touro) ou 699 041 486 (Vedra).
A andaina sairá ás 9:30 horas do domingo 10 de marzo do campo da festa de Ponte Ulla (Vedra), onde as persoas participantes poderán deixar os seus vehículos no aparcamento do supermercado da Ulla. Tras percorrer 14 quilómetros, a andaina chegará ao campo da festa de Bendaña (Touro), dende onde poderán coller o autobús de regreso a Ponte Ulla. Todas as persoas participantes recibirán un bocadillo e camiseta conmemorativa de agasallo.
Esta andaina forma parte da programación especial elaborada polo CIM de Boqueixón para conmemorar o Día da Muller, que se celebra o 8 de marzo.