Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitará Boqueixón este luns 29 de xaneiro. O autobús estará emprazado en:
- diante do centro de saúde do Forte, de 9:30 a 14:30 horas.
- diante da Casa da Cultura de Camporrapado, de 16:00 a 21:00 horas.
Os requisitos mínimos para doar sangue son:
- ter máis de 18 anos
- pesar máis de 50 kg
- deixar pasar 2 horas entre o almorzo/xantar e a doazón
- presentar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar
Dende a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue apuntan que as reservas de sangue dos grupos 0+. B- e A+ están en niveis baixos. Lembra que unha doazón de apenas 10 minutos pode chegar a salvar ata 3 vidas. Máis información e dúbidas: 900 100 828 (teléfono de balde).