O Concello de Boqueixón organiza unha nova edición do tradicional Torneo de Fútbol Sala, que terá lugar no pavillón do Forte o 24 e 25 de decembro. Haberá dúas categorías: senior (maiores de 16 anos) e junior (de 10 a 16 anos).
As inscricións formalizaranse no Departamento de Deportes (636 731 721 ou deportes@boqueixon.gal). O único requisito é que as persoas participantes estean empadroadas en Boqueixó (de feito, só se admitirá un máximo de 2 xogadores non empadroados no municipio por equipo). O prazo de presentación de solicitudes finalizará o luns 20 de decembro, ás 14:00 horas.
Unha vez compiladas todas as solicitudes dos equipos inscritos, procederase ao sorteo dos grupos de competición. Este sorteo terá lugar o martes 21 de decembro, ás 12.00 horas, no Salón de Plenos do Concello.