O Concello de Boqueixón informa de que o DOG de hoxe mércores publica a convocatoria das subvencións a proxectos de mellora enerxética do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para 2024 (programa Bono Enerxía Peme). Unha liña de axudas de 3 millóns de euros dirixida a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas do sector servizos.
As solicitudes de axuda están convocadas en réxime de concorrencia non competitiva, é dicir: resolveranse por orde de entrada no rexistro da solicitude, polo que é importante presentar o proxecto o antes posible para non quedar sen financiamento. A Xunta subvencionará un 80% do custe da actuación ata un máximo de 6.000 euros, con carácter xeral.
As subvencións deberán presentarse dende o 10 de xaneiro de 2024, ás 9:00 horas, ata o 26 de xuño de 2024 a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia e a páxina web do Inega.