Forte s/n
15581 BOQUEIXÓN (A Coruña)
Telfs: 981 513 061 – 981 513 052
Fax: 981 513 000
correo@boqueixon.es
O concello de Boqueixon realiza a seguinte obra:
MELLORA DO ABASTECEMENTO EN CASALPEGITO-GASTRAR, CAMPORRAPADO E LESTEDO)
Importe da subvención: 38.718,30 €
Presuposto total: 48.397,88 €
Núm. expediente: AU300A2021/242-A
Esta obra está cofinanciada no marco do eixe REACT-UE do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020 e concedida por Augas de Galicia a través das subvencións ós concellos en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execucións de obras de abastecemento, saneamento e depuración (código de procedemento AU300A) (DOG. 24.03.2021)
As obras foron realizadas de acordo ó proxecto construtivo e en cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, as cales estaban destinadas á execución de actuacións necesarias para o funcionamento óptimo dos sistemas de abastecemento, que permitan reducir ó máximo a vulnerabilidade da poboación abastecida desde eses sistemas. Actuacións:
1) Melloras de Abastecemento en Casalpegito-Gastrar: levouse a cabo a canalización de 735 m. de tubo de PVC, 6 válvulas de comporta máis unha válvula de baleirado, coas súas arquetas correspondentes. Instalouse unha nova válvula redutora de presión non proxectada inicialmente.
Finalmente procedeuse á reposición con formigón e aglomerado en quente naquelas zonas demolidas para facer a escavación, onde se detectou a necesidade de empregar máis formigón do proxectado.
Con esta actuación acadouse o obxectivo de garantir un caudal suficiente para as vivendas dunha maneira constante, sen alteracións polas grandes demandas puntuais das granxas da zona.
2) Melloras de abastecemento en Lestedo: levouse a cabo a instalación dun contador tipo Woltman DN-150 con verificación primitiva, substituíndo o antigo contador deteriorado e que presentaba un funcionamento deficiente.
Con esta actuación acadouse o obxectivo de actualizar e mellorar o control de caudais abastecidos da zona de Lestedo.