Xa está dispoñible o boletín municipal Xanela do mes de Novembro de 2023. Nela atoparás as últimas novas do Concello de Boqueixón, como o estado das obras do CPI Antonio Orza Couto ou o apoio á declaración da Festa da Filloa de Lestedo como Festa de Interese Turístico Nacional, así como diversas actividades para o teu tempo de lecer: dende o ciclo de teatro amador BocAberta á V Xornada de Sensibilización en Violencia contra a muller, pasando polas saídas ao balnerario ou os cursos de introdución á lingua de signos ou de apoio no fogar para persoas con DCA. Accede ao PDF.
Adxuntos
- Novembro2023 (806 kB)