BASES PARA A CONTRATACIÓN DE SOCORRISTA ACUÁTICO PARA A PISCINA MUNICIPAL DE BOQUEIXÓN EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL A TEMPO PARCIAL (42 HORAS/MES DE AGOSTO DE 2014)
Primeira.- Obxecto da convocatoria
Contratar a un traballador como socorrista acuático para a atención da piscina municipal de Boqueixón, un día e medio á semana durante o mes de agosto, mediante un contrato en réxime laboral temporal a tempo parcial.
Segunda.- Duración do contrato
A duración do contrato é de 1 mes que abranguerá dende o 1 de ó 31 de agosto de 2014, DE 42 HORAS MENSUAIS DE AGOSTO.
Terceira.- Condicións dos/as aspirantes para participar no proceso selectivo
Para a admisión dos aspirantes será necesario cumprir os seguintes requisitos xerais:
1 Ser español/a (copia do NIF) ou membro da Unión europea.
2 Ter cumplidos os 18 anos.
3 Non padecer enfermidade ou defecto físico que inhabiliten para o desempeño normal das funcións que son obxecto do presente contrato.
4 Non haber sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo ó Estado, ás Comunidades Autónomas ou ás Entidades Locais, nin atoparse inhabilitado para o desempeño de postos de traballo nas Administracións Públicas por sentencia xudicial firme ou resolución administrativa.
5 Non estar incurso en causas de incompatibilidade de conformidade co establecido na Ley 53/1994 de 26 de decembro, de incompatiblidades do persoal o servizo das administracións públicas.
6 Estar en posesión do CARNÉ DA XUNTA DE GALICIA que habilita como socorrista en instalacións acuáticas e espazos acuáticos naturais (os/as aspirantes deberán acreditar con fotocopia compulsada este punto no momento de facer a solicitude de admisión no proceso selectivo).
Cuarta.- Convocatoria
O Concello de Boqueixón procederá á publicación do anuncio de contratación na páxina Web do Concello de Boqueixón lab.mcapps.es, con data do 1
de xullo de 2014.
Os/as candidatos/as disporán de 5 días hábiles, contados a partir do mesmo día ó da publicación na citada páxina, para a presentación de solicitudes no Rexistro Xeral sito na Casa do Concello, en horario de 9 a 14 horas. O PRAZO REMATA O DÍA 5 DE XULLO DE 2014 Á 13:00 HORAS.
Non serán admitidas aquelas solicitudes que non se fagan no rexistro xeral do Concello de Boqueixón. Para dúbidas os/as aspirantes poderán chamar o 981513061.
Quinta.- Comisión seleccionadora.
Tódolos membros da comisión seleccionadora terán unha titulación igual ou superior á praza a seleccionar:
PRESIDENTE: RICARDO ROMERO PÉREZ, SUPLENTE: ANSELMO CAEIRO VILAR.
SECRETARIO: ELENA SUÁREZ RODRÍGUEZ, SUPLENTE: JUAN MANUEL CORRAL SÁNCHEZ
VOGAL 1: JOSÉ MARIA SOUTO TEMES, SUPLENTE: PILAR PAZOS SANTASMARINAS.
VOGAL 2: ROSARIO IGLESIAS IGLESIAS, SUPLENTE: ADELA LAMELA ARTEAGA.
VOGAL 3: MARÍA VICTORIA NEGRÍN BLANCO, SUPLENTE: ROSARIO CANAVAL VAZQUEZ.
A comisión seleccionadora non poderá constituirse sen a asistencia de máis da metade dos membros (titulares ou suplentes, indistintamente). En todo caso será preciso a asistencia do presidente e o secretario.
As actuacións da Comisión seleccionadora serán recurribles conforme o establecimento na Lei 30/1992 do Réxime Xurídico e Procedemente Administrativo Común.
Sexta.- Proceso de selección
– PROBA ESCRITA: Máximo 20 puntos.
Consistirá en contestar un cuestionario tipo test de 20 preguntas relacionadas co posto ofertado. Este exercicio terá carácter obrigatorio e é eliminatorio. A puntuación máxima será de 20 puntos e a mínima para superar a proba é de 10 puntos. Cada pregunta correcta puntuará 1 punto.
A entidade local facilitará o temario fotocopiado para a preparación da proba se así o solicitan os/as candidatos/as.
– BAREMACIÓN CURRICULUM VITAE .Máximo de 10 puntos:
A Comisión valorará a documentación para a realización do baremo de méritos é o seguinte presentada polos/as aspirantes que superaron a proba escrita, de acordo cos requisitos establecidos:
Formación. Computarase ata un máximo de 4 puntos:
1) Títulos de formación profesional ou Titulos universitarios de grao, diplomaturas ou licenciaturas relacionados coa praza ofertada:
Título de formación profesional de grao superior relacionado coa praza ofertada: 0,50 puntos.
Título universitario relacionado coa praza ofertada: 1 punto.
2) Cursos, seminarios e xornadas relacionados co posto ofertado, a puntuación non poderá superar os 2 puntos. (NON SE VALORAN CURSOS DE INFORMÁTICA, e DE IDIOMAS). Establécese o seguinte baremo:
– Cursos de máis de 100 horas: 1 punto.
– Cursos de 25 horas a 99 horas: 0,50 puntos.
3) Cursos de galego de perfeccionamento, iniciación e CELGA ou validación (a puntuación non poderá superar 1 punto): só se computará o de nivel máis alto.
Celga 4: 1 punto
Celga 3: 0,75 punto
Celga 2:0,50 puntos
Celga 1: 0,25 puntos
A experiencia laboral computarase ata un máximo de 6 puntos:
– Traballos prestados como socorrista acuático: Por cada mes traballado 1 punto.
– Traballos prestados en posto similar: Por cada mes traballado 0,25 puntos.
As dúbidas que se susciten serán resoltas pola citada Comisión, que terá a facultade de interpretar estas bases, facendo constar na acta correspondente os acordos adoptados.
Sétima.- Acreditación de méritos.- Os méritos comprendidos no apartado 1, 2 da base anterior acreditaranse mediante copia compulsada dos títulos correspondentes.
Os méritos do apartado 3 da base sexta, acreditaranse con contrato de traballo ou certificado de empresa acreditando o período traballado e certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social. Asemesmo, terá que presentarse copias compulsadas de toda a documentación acreditativa.
Oitava.- Datas da realización das probas.-
Proba escrita: realizarase ás 12:00 horas do día 15 de xullo de 2014 no Salón de Plenos do Concello de Boqueixón a proba tipo Test a todos/as as aspirantes
Baremación curricular: a Comisión reunirase ás 13:00 horas do día 15 de xullo de 2014 no Sálon de Plenos da Casa do Concello de Boqueixón para a realización da baremación do méritos aportados polos/as aspirantes.
Novena.- Rematada a selección o Tribunal publicará no taboleiro o nome do/a participante titular do posto seleccionado/a coa súa puntuación, e nome do candidatos/as suplentes que terá vixencia mentres se manteñan as circuntancias que deron lugar a esta convocatoria.
Décima.- Proposta de contratación
Unha vez rematado o proceso de selección, a proposta da Comisión de Selección será elevada ao alcalde para que formule a contratación da persoa que obteña a mellor puntuación, en número que non supere a das prazas obxecto da convocatoria.
A formalización do contrato realizarase conforme o previsto na lexislación vixente.
Undécima.- Incidencias. A Comisión Seleccionadora queda autorizada para resolver as dúbidas que se presenten, e para adoptar os acordos necesarios para o bo funcionamento do proceso de selección, en todo o non previsto nestas bases, facendo constar na acta correspondente os acordos adoptados.
[attachments docid=”4483″]
Adxuntos
- Instancia socorrista (340 kB)
- Instancia socorrista (340 kB)
- Instancia socorrista (340 kB)
- Instancia socorrista (340 kB)