O Concello de Boqueixón Informa da apertura das inscricións nos Programas do Plan Corresponsables: “Tardes Educativas e de Lecer” e “Madruga Boqueixón” 2023 – 2024. Ambos programas están dirixidos á rapazada con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos.
Madruga Boqueixón: este programa ofrece un servizo de acollida, coidado e vixilancia á rapazada antes do comezo das clases. Realizarán actividades variadas e relacionadas con fomento de hábitos saudables.
Este servizo terá lugar nun aula cedida polo CPI Antonio Orza Couto, habilitada para realizar esta actividade.
Os almorzos, que serán por conta dos escolares participantes do CPI Orza Couto, poderanse quentar e servir polo persoal que preste madruga Boqueixón, con menaxe de cociña facilitado polo centro escolar.
Tardes Educativas e de Lecer: este programa ofrece dous servizos en espazos diferenciados. Por unha banda atender ás necesidades escolares, segundo a demanda de cada familia dentro do horario solicitado despois das clases. A rapazada realizará as tarefas escolares diarias con vixilancia e apoio de monitoras/res especializadas/os e resolvendo as dúbidas en caso de necesitalo e por outra banda a rapazada tamén realizará actividades lúdico educativas, lecturas, xogos e obradoiros variados.
Este servizo terá lugar nun aula cedida polo CPI Antonio Orza Couto e nas instalacións municipais, todas elas habilitadas para realizar esta actividade.
(Estas actividades serán compatibles coa actividade de inglés.)
Fichas de inscrición
As persoas interesadas en facer uso destes servizos de coidados deberán cubrir a correspondente ficha de inscrición (Madruga Boqueixón e/ou Tardes educativas e de lecer).
As familias que desexen acceder a algunha das bonificacións ofrecidas polo Concello de Boqueixón (detalladas na propia ficha de inscrición) deberán presentar a maiores a seguinte documentación:
- IRPF 2022 ou xustificante acreditativo de non ter que presentala.
- Documento acreditativo de familia numerosa / familia monoparental / familia vítima de violencia de xénero (se é o caso)
- DNI
As inscricións deben facerse presencialmente no Rexistro Xeral do Concello de Boqueixón ou a través da Sede Electrónica municipal. Para máis información ou consultas no teléfono 981 513061 ou no correo electrónico cim@boqueixon.com
Adxuntos
- ficha madrugadores pdf (163 kB)
- ficha tardes educativas pdf (163 kB)