Dirixido a: poboación adulta.
Duración: de outubro 2023 a xuño de 2024. Non haberá actividades os días festivos.
Prazas:
Requírese un grupo mínimo de 10 participantes. No momento que o grupo quede reducido a menos de 8, anularase o grupo.
Prazas limitadas con preferencia dos empadroados en Boqueixón. As prazas cubriranse por orde de rexistro de entrada ata completar grupo. Coas restantes solicitudes crearase unha lista de reserva que se irá incorporando á actividade na mesma orde.
Inscricións:
- Presentación de forma telemática da ficha de inscrición, que figura na web municipal, a través da sede electrónica do Concello ou de xeito presencial no rexistro municipal.
- O prazo de solicitude remata o 22 de setembro. Unha vez finalizado o prazo de inscricións, poderán incorporarse novos participantes no caso de quedar prazas vacantes.
Prezo:
- Novas Tecnoloxías I e Memoria: 15€/mes.
- Novas Tecnoloxías II e Ioga: 20€/mes.
Pago:
- Con carácter trimestral e por domiciliación bancaria.
- Non se reintegrará ningún importe sen causa debidamente xustificada.
Baixas: Deberán presentarse de forma presencial no rexistro municipal ou por sede electrónica antes do día 20 do mes anterior.