BASES PARA A PROVISIÓN EN RÉXIMEN LABORAL TEMPORAL DA CONTRATACIÓN DE 2 TRABALLADORES FORESTAIS ENCARGADOS DO MANEXO E ACTUACIÓN DO VEHÍCULO MOTOBOMBA (V.M.B)
PRIMEIRA: OBXECTO DA CONVOCATORIA
Ten por obxecto a contratación de 2 peóns traballadores forestais para o desempeño das labouras encamiñadas á prevención, construción e mellora de infraestructura de defensa contra incendios forestais, que disminúan o risco de propagación e minoren os danos dos incedios. A modalidade contractual será a dun contrato baixo a modalidade de obra ou servizo a tempo completo.
SEGUNDO: DURACIÓN DO CONTRATO
A duración do contrato é de 3 meses e medio que abrandará dende o 1 de xullo a 15 de outubro de 2014.
TERCEIRA: REQUISITOS PARA PARTICIPAR NO PROCESO SELECTIVO
Para a admisión dos aspirantes será necesario cumprir os seguintes requisitos xerais:
1 Ser español/a (copia do NIF) ou membro da Unión europea.
2 Ter cumplidos os 18 anos.
3 Estar en desemprego inscrito no Servizo Público de Emprego.
4 Non padecer enfermidade ou defecto físico que inhabiliten para o desempeño normal das funcións que son obxecto do presente contrato.
5 Non haber sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo ó Estado, ás Comunidades Autónomas ou ás Entidades Locais, nin atoparse inhabilitado para o desempeño de postos de traballo nas Administracións Públicas por sentencia xudicial firme ou resolución administrativa.
6 Non estar incurso en causas de incompatibilidade de conformidade co establecido na Ley 53/1994 de 26 de decembro, de incompatiblidades do persoal o servizo das administracións públicas.
7 Estar en posesión do permiso de conducir C.
CUARTA: CONVOCATORIA.
O Concello de Boqueixón procederá á publicación do anuncio de contratación na páxina Web do Concello de Boqueixón lab.mcapps.es, con data do 16 de xuño de 2014.
Os/as candidatos/as disporán de 5 días hábiles, contados a partir do mesmo día da publicación na citada páxina, para a presentación de solicitudes no Rexistro Xeral sito na Casa do Concello, en horario de 9 a 14 horas. O PRAZO REMATA O DÍA 20 DE XUÑO DE 2014 ÁS 14:00 horas.
Non serán admitidas aquelas solicitudes que non se fagan no rexistro xeral do Concello de Boqueixón.
QUINTA: COMISIÓN SELECCIONADORA.
A Comisión seleccionadora estará constituída como segue:
PRESIDENTE: JOSÉ MARÍA SOUTO TEMES, SUPLENTE: ANSELMO CAEIRO VILAR.
SECRETARIO: ELENA SUÁREZ RODRIGUEZ, SUPLENTE: JUAN MANUEL CORRAL SÁNCHEZ.
VOGAL 1: ROSARIO IGLESIAS IGLESIAS, SUPLENTE: LOURDES GARCÍA ABEIJÓN.
VOGAL 2: CASIANO VELEIRO DIÉGUEZ, SUPLENTE: ADELA LAMELA ARTEAGA.
VOGAL 3: Mª VICTORIA NEGRÍN BLANCO, SUPLENTE: PILAR PAZOS SANTASMARINAS.
A comisión seleccionadora non poderá constituirse sen a asistencia de máis da metade dos membros (titulares ou suplentes, indistintamente). En todo caso será preciso a asistencia do presidente e o secretario.
As actuacións da Comisión seleccionadora serán recurribles conforme o establecido na Lei 30/1992 do Réxime Xurídico e Procedemente Administrativo Común.
A comisión reunirase para a realización das probas escritas e prácticas de selección e a entrevista de traballo e determinará os/as candidatos/as e proporá o Alcalde a súa contratación.
SEXTA: SELECCIÓN DOS CANDIDATOS/AS
6.1 Este proceso consta de 3 probas:
1ª.- PROBA ESCRITA. Realizarase unha proba escrita dirixida a determinar os coñecementos dos aspirantes sobre a profesión e o entorno territorial de Boqueixón que constará dun exame tipo test. A duración desta proba escrita será de 30 minutos e constará de 20 preguntas cunha soa resposta correcta, cada pregunta terá unha puntuación de 0,25 puntos e os erros non puntúan negativo. Esta proba terá unha puntuación total de 5 puntos.
Os/as candidatos/as deberán opter unha puntuación de 2,5 para poder superar esta proba e poder pasar á proba práctica. Aqueles candidatos/as que non superaron o 2,5 de puntuación quedarán excluídos/as do proceso.
Realizarase con data do 25 de xuño de 2014, ás 10:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello de Boqueixón, e se lle solicitará os/as candidatos/as DNI, tarxeta do paro, tarxeta sanitaria, currículo vitae.
2ª.- PROBA PRÁCTICA. Realizarase unha proba práctica dirixida a determinar a súa destreza no manexo das ferramentas, do vehículo e das actividades propias da extinción de incendios forestais.
Esta proba práctica ten unha puntuación total de 5 puntos e non é excluínte para acceder á entrevista persoal.
Realizarase o día 25 de xuño de 2014, a continuación da anterior proba, ás 11:30 horas na Base de Protección Civil de Boqueixón.
3ª.- ENTREVISTA PERSOAL. A entrevista está dirixida a determinar a adaptablidade, os coñecementos e o interese polo posto de traballo, así como a experiencia laboral. Esta fase terá unha valoración máxima de 5 puntos. A entrevista realizarase con data do 25 de xuño de 2014, a partir das 13:30 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello de Boqueixón.
6.2 Rematado o proceso de selección, a comisión elaborará unha relación de admitidos e suplentes que se fará pública no taboleiro de anuncios do Concello de Boqueixón.
Nota: os empates producidos nas puntuacións obtidas por 2 ou máis candidatos/as na puntuación final dirimirase por orden alfabético.
SÉTIMA. FORMALIZACIÓN DE CONTRATOS
Os/as candidatos/as seleccionados/as presentarán copia do NIF, cartilla da Seguridade Social, Tarxeta de Demandante de Emprego.
Rematado o proceso selectivo e presentada a documentación, o alcalde dacordo coa proposta do tribunal calificador, procederá a formalizar o correspondente contrato á maior brevidade.
Será competencia do Alcalde a formalización dos contratos laborais cos aspirantes seleccionados, os cales deberán incorporarse ós seus postos de traballo.
O contrato axustarase á modalidade de obra ou servizo, a tempo completo na que se recollerán as funcións a desenvolver polos/as traballadores/as, as retribucións que correspondan no seu caso.
OCTAVA. FORMALIZACIÓN DO CONTRATOS.
Para o previsto nestas bases será de aplicación a Lei 7/1985 de 2 de abril, así como cantas normas de igual ou superior rango sexan aplicables. A convocatoria, bases e actos administrativos derivados da mesma serán recurribles nos termos previstos na Lei 30/1992 e na Lei 29/1998.
Sen prexuizo do carácter administrativo dos actos que integran o procedemento da selección fiscalizables ante a xurisdicción contencioso – administrativo, o réximen xurídico dos contratos será o da lexislación laboral, correspondendo ós xulgados do social o coñecemento das cuestións que se deriven do incumprimento dos mesmos.
[attachments docid=”4466″]