O Concello de Boqueixón informa dunha oferta de emprego nun Hotel en Boqueixón para traballar nos meses de xuño, xullo e agosto de 2023. As características do traballo serían:
- horario: xornada parcial cos descansos establecidos por lei
- salario: segundo convenio
- requisitos: persoa dinámica e responsable. Non se require experiencia, pero valórase.
As persoas seleccionadas desempeñarán as seguintes funcións:
- limpeza de habitacións (principalmente)
- tarefas de limpeza na cociña
- tarefas de mantemento no xardín
As persoas interesadas terán que remitir o seu CV a recepcion@hoteldonasecabaleiros.com ou chamar ao teléfono 674 611 766.