O pavillón de O Forte, en Boqueixón, viviu o pasado domingo unha espléndida xornada de deporte e diversión. O rotundo éxito do VI Campionato de Judo Concello de Boqueixón resúmese en dúas cifras: más de 250 participantes procedentes de trece clubes y escolas de toda Galicia luciron na instalación de Boqueixón as súas habilidades e potencial, no en vano a nosa comunidade é unha das máis puxantes nesta disciplina en toda España.
En O Forte demostrouse, asemade, que competición e diversión poden ir da man. Os nenos e nenas desfrutaron do seu deporte favorito e ao mesmo tempo tiveron a ocasión de vivir una espléndida xornada de convivencia, facendo nocas amistades. Os afeccionados encheron o pavillón e lle deron á cita un gran ambiente.
Con esta xa sexta edición da proba, o Campionato Concello de Boqueixón consolídase cada vez con máis forza no calendario de actividades deportivas do Concello de Boqueixon, e reafirma o crecemento desta actividade a nivel local con grupos que adestran no Forte e Lestedo .
O alcalde de Boqueixon, Manuel Fernández Munín, participou na entrega de medallas e agasallos a tódolos participantes e puxo en valor “a importancia do deporte na formación dos cativos e aposta dende o concello en concreto polo judo e os seus valores educativos”.
Na xornada de deporte e diversión participaron trece entidades: Judo Club Senin, Judo Club Pontevedra, Escola Judo Club, Judo Club Base, Terras de Santiago, Peleteiro, Vilas Alborada, Escola Judo Ames, Escola Judo Rois, Judo Boqueixon, Judo Vedran, Club CAMM e San Francisco de Teo.