O Concello de Boqueixón informa das próximas convocatorias dos “Venres de consumo responde” para este mes de maio. Catro sesións que terán lugar os venres de maio, ás 12:30 horas, a través da aula virtual de consumo. As charlas previstas son:
- 5 de maio: Novos métodos de pago
- 12 de maio: Compras on line seguras
- 19 de maio: Servizos de telecomunicacións.
- 26 de maio: Servizos de limpeza e tinturerías
A participación é totalmente de balde, polo que calquera veciño ou veciña de Boqueixón que desexe acceder a esta charla só ten que seguir estes pasos:
- Entrar na web do IGCC este venres ás 12.30 horas: https://consumo.xunta.gal/gl
- Facer click na imaxe «Venres de consumo»
- Entrarás nunha aula de Videoconferencia. Aquí tes dúas opcións:
- Se tes Webex instalado, uniraste directamente cando premas «Acceder»
- Se non tes Webex, preme «Unirse desde o navegador».