O Concello de Boqueixón lembra que este venres 28 de abril, ás 12:30 horas, terá lugar unha nova sesión do programa “Venres de Consumo Responde”, que esta vez estará dedicada ao Bono Social Eléctrico e o Bono Térmico. Unha xornada virtual na que técnicos especializados falarán sobre os dereitos dos consumidores e responderán ás dúbidas que se plantexen.
A participación é totalmente de balde, polo que calquera veciño ou veciña de Boqueixón que desexe acceder a esta charla só ten que seguir estes pasos:
- Entrar na web do IGCC este venres ás 12.30 horas: https://consumo.xunta.gal/gl
- Facer click na imaxe «Venres de consumo»
- Entrarás nunha aula de Videoconferencia. Aquí tes dúas opcións:
- Se tes Webex instalado, uniraste directamente cando premas «Acceder»
- Se non tes Webex, preme «Unirse desde o navegador».