O polideportivo do Forte acollerá a edición número trinta do Encontro de Maiores de Boqueixón, que terá lugar o sábado 6 de maio. As persoas que estean interesadas en participar deberán recoller a súa entrada no Concello antes do 4 de maio.
O prezo das entradas será de 10 euros (pensionistas e persoas de 60 ou máis anos) e de 25 euros (persoas de menos de 60 anos). O Concello de Boqueixón ofrecerá servizo de traslado en autobús a aquelas persoas que o soliciten (consultar horarios no momento da inscrición).
O XXX Encontro de Maiores terá lugar o sábado 6 de maio. O programa abrirase coa tradicional misa no salón de actos do CPI Antonio Orza Couto ás 12:30 horas, que dará paso ao xantar no polideportivo do Forte ás 13:30 horas. Unha vez rematado o xantar, haberá música e animación ata as 18:30 horas, na que rematará o encontro.