O Concello de Boqueixón informa das próximas convocatorias dos “Venres de consumo responde” para o mes de abril. Tres sesións que terán lugar os venres de abril, ás 12:30 horas, a través da aula virtual de consumo. As charlas previstas son:
- 14 de abril: novidades normativas en materia de consumo
- 21 de abril: garantías e servizos postventa
- 28 de abril: o bono social eléctrico e o bono térmico.
A participación é totalmente de balde, polo que calquera veciño ou veciña de Boqueixón que desexe acceder a esta charla só ten que seguir estes pasos:
- Entrar na web do IGCC este venres ás 12.30 horas: https://consumo.xunta.gal/gl
- Facer click na imaxe «Venres de consumo»
- Entrarás nunha aula de Videoconferencia. Aquí tes dúas opcións:
- Se tes Webex instalado, uniraste directamente cando premas «Acceder»
- Se non tes Webex, preme «Unirse desde o navegador».