Maiores de Boqueixón e Vedra participaron do 21 ao 23 de marzo nunha viaxe a Medina del Campo e Ávila organizada polos Concellos de Boqueixón e Vedra. Unha viaxe na que realizaron visitas guiadas a lugares como o mosteiro do Escorial, as murallas de Ávila, o Castelo da Mota, a catedral de Ávila ou a vila de Arévalo.
Así mesmo, desfrutaron tamén dunha visita a unha adega en Rueda (Valladolid) onde, ademais de coñecer o proceso produtivo do viño, participaron nunha cata de tres viños da DOP Rueda e Ribeira do Douro. Durante a viaxe, a expedición estivo hospedada nun hotel de catro estrelas na vila de Ávila.