O Concello de Boqueixón organiza unha nova edición do Entroido Activo, un programa lúdico-educativo para facilitar a conciliación nos días non lectivos (20 e 22 de febreiro). Terá lugar nas instalacións do CPI Antonio Orza Couto en horario de mañá (de 09.00/10.00 h a 13.30 /14.00 h). Dirixido a alumnado de Educación Infantil e Primaria, a participación é de balde. Descarga a folla de inscrición premendo aquí.
As persoas interesadas en participar deberán remitir a ficha de solicitude cuberta a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón ou de forma presencial, a través do Rexistro Municipal.
Adxuntos
- fichainscricion (72 kB)