O Concello de Boqueixón informa de que a Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, organiza este venres 21 de outubro, ás 12:30 horas, unha nova sesión dos Venres de Consumo Responde. Unha iniciativa que terá lugar a través da aula virtual de consumo, accesible de forma gratuíta a calquera persoas que desexe participar.
A charla deste venres xirará en torno aos dereitos que as persoas consumidoras teñen nas reparacións a domicilio, cunha quenda de preguntas para resolver calquera tipo de dúbidas. A participación é totalmente de balde, polo que calquera veciño ou veciña de Boqueixón que queira acceder a esta charla só ten que seguir estes pasos:
- Entrar na web do IGCC este venres ás 12.30 horas: https://consumo.xunta.gal/gl
- Facer click na imaxe «Venres de consumo»
- Entrarás nunha aula de Videoconferencia. Aquí tes dúas opcións:
- Se tes Webex instalado, uniraste directamente cando premas «Acceder»
- Se non tes Webex, preme «Unirse desde o navegador».