O Concello de Boqueixón informa de que os veciños e veciñas que o desexen poderán descargar o Bono Activo Comercio a partir do 24 de outubro. Trátase dun bono desconto de 30 euros que se poderá descargar a través do móbil (na web bonosactivacomercio.gal) e empregar na lista de comercios de proximidade que estean adheridos a esta iniciativa. Neste sentido, compre lembrar tamén que os comercios de Boqueixón que desexen sumarse a esta iniciativa poderán facelo a partir do vindeiro xoves 13 de outubro rexistrándose a través da mesma páxina web.
O Bono Activa Comercio poderá empregarse ata o 31 de decembro. A principal novidade deste ano é a ampliación de tramos de desconto e os importes. Así, o desconto será de 5 euros para compras entre 20 e inferiores a 30 euros; 10 euros para compras entre 30 e inferiores a 50; e de 15 euros se superan os 50 euros de compra. A Xunta de Galicia destina 5 millóns de euros a esta iniciativa, coa previsión de chegar a mobilizar 17 millóns de euros en compras no comercio de proximidade de toda Galicia.