A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno e os Concellos de Boqueixón e Vedra organizan unha ruta entre Dornelas e o Pico Sacro para conmemorar o Día do Camiño, que se celebrará o próximo 8 de outubro. Será unha ruta de 18 quilómetros onde as persoas que participen terán ocasión de coñecer a igrexa románica de San Martiño de Dornelas, a vila de Ponte Ulla ou a fonte do Santiaguiño coas súas estatuas do Mestre Mateo, entre outros puntos destacados. O percorrido rematará no Pico Sacro, un lugar emblemático relacionado coa lenda da Traslatio do Apóstolo.
A saída de Dornelas terá lugar ás 9:30 horas do 8 de outubro, puidendo as persoas interesadas sumarse á camiñata en Ponte Ulla, ás 11:30 horas. Deste xeito, o percorrido sería de 11 quilómetros. Ao finalizar haberá unha degustación de produtos locais de Boqueixón e Vedra, así como traslado en autobús de volta ao punto de saída.
As persoas interesadas en participar poden anotarse en casadospeons@concellodevedra.gal ou chamando ao 981 814 612.