O campo do río de Ponte Ledesma (Boqueixón) será o escenario da Noite Velada, este venres 5 de agosto. Esta iniciativa, organizada polo Departamento de Turismo do Concello de Boqueixón, busca aunar a tradición e a cultura baixo a imaxe dunha ponte histórica que volverá alumearse coa luz das candeas e as teas, despois das restricións das últimas edicións.
A partir das 21:30 horas, a música correrá a cargo dos grupos A Banda da Balbina, Raiola e Luz do Ilicinio. A entrada é totalmente libre e de balde, ata completar o aforo de butacas. Unha vez cuberto, o público asistente tamén pode seguir as actuacións de pe ou sentados no céspede co campo do río.