ORDE do 20 de marzo de 2014 pola que se establece o procedemento de concesión, baixo o réxime de concorrencia non competitiva, de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no curso académico 2013/14, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG. núm. 64, mércores 2 de abril de 2014)
Obxecto: concesión de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico, no curso académico 2013/14, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas que lles impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.
Requisitos dos/as solicitantes:
a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida ou imprevista, que acontecese no curso académico 2013/2014 (orfandade absoluta, falecemento pai/nai/titor legal, desemprego do sustentador principal, enfermidade grave, violencia doméstica, vítimas de actos terroristas, separación, divorcio, ruína ou quebra familiar e outras circunstancias non recollidas que sendo xustificadas repercutan na situación socioeconómica familiar).
c) Estar matriculado, no curso académico 2013/14, como mínimo en 50 créditos.
d) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual para o ano 2014 é dicir 5.122,60 euros.
e) Non ter percibido esta axuda con anterioridade.
Solicitudes e prazo de presentación: A documentación presentarase na sede electrónica ou por calquera outro medio válido en dereito. O Prazo de presentación das solicitudes:
– Se a causa sobrevida/imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
– Se a causa sobrevida/imprevista acontece con posterioridade á publicación da orde, o prazo de presentación de solicitude será dun mes desde que aconteceu a causa Neste caso, a data límite para a presentación das solicitudes é o 1 de setembro de 2014.
Documentación: Copia do DNI, xustificación da causa sobrevida ou imprevista, informe do/a traballador/a social do concello, cert. académica ou extracto do exp. académico do curso académico 2013/14.
Contía: Para determinar a contía da axuda terase en conta como criterios de distribución os seguintes limiares de renda per cápita:
Limiares renda Contía da axuda
Ata 3.600 € 2.500 €
De 3.601 € a 4.100 € 2.000 €
De 4.101 € a 4.600 € 1.500 €
De 4.601 € a 5.122,60 € 1.250 €