O Concello de Boqueixón informa de que a empresa Seforgasa busca traballadores/as para integrar unha brigada de incendios no municipios. As persoas interesadas terán que enviar currículum vitae, DNI, titulacións e persmisos de conducir requeridos en cada caso ao mail info@seforgasa.com antes do 25 de xullo de 2022. Requisitos:
XEFE DE BRIGADA, (1) PEÓN CONDUTOR E (3) PEÓNS DE BRIGADA.
a) Ter a nacionalidade española. Tamén poderán participar as persoas que posúan a nacionalidade doutros estados membros da Unión Europea; as persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España nos cales sexa aplicable a libre circulación de traballadores; e as demais persoas estranxeiras con residencia legal en España.
b) Ter feitos os 16 anos e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de Xubilación forzosa.
c) Posuír capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas, debendo superar unha proba física de esforzo e un recoñecemento médico, para garantir as condicións de saúde para o traballo a realizar.
d) Non incorrer en causa de incompatibilidade ou de incapacidade, conforme á normativa vixente.
(1) XEFE DE BRIGADA.
a) Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: enxeñería de montes, enxeñería técnica forestal, técnico/a superior en xestión forestal e do medio natural, técnico/a en aproveitamento e conservación do medio natural, técnico/a en emerxencias e protección civil ou formación profesional equivalente, que deberá acreditar mediante documento oficial expedido polo organismo competente.
b) Estar en posesión do permiso de conducir do tipo B, en plena vixencia e sen ningún tipo de limitación.
(1) PEÓN CONDUTOR.
a) Estar en posesión do certificado de escolaridade ou equivalente, que deberá acreditar mediante documento oficial expedido polo organismo competente.
b) Estar en posesión do permiso de conducir do tipo B, en plena vixencia e sen ningún tipo de limitación.
(3) PEÓNS DE BRIGADA.
a) Estar en posesión do certificado de escolaridade ou equivalente, que deberá acreditar mediante documento oficial expedido polo organismo competente.
(1)PEÓN CONDUTOR.
a) Estar en posesión do certificado de escolaridade ou equivalente, que deberá acreditar
mediante documento oficial expedido polo organismo competente.
b) Estar en posesión do permiso de conducir do tipo B, en plena vixencia e sen ningún tipo de
limitación.
1.4. Requisitos específicos para os postos de (3)PEÓNS DE BRIGADA.
a) Estar en posesión do certificado de escolaridade ou equivalente, que deberá acreditar
mediante documento oficial expedido polo organismo competente.