O Concello de Boqueixón lembra que a piscina municipal abriu o pasado 24 de xuño a súa tempada de verán. As instalacións, emprazadas no Forte, permanecerán abertas ao público ata o vindeiro 5 de setembro en horario de 15:00 a 21:00 horas, de luns a domingo. En caso de mal tempo, a piscina permanecerá pechada.
O prezo da entrada individual é de 3,71 €. Os prezos dos bonos de 20 entradas son de 6,17 € (para menores ata 16 anos) e de 12,34 euros (para maiores de 16 anos). Ademais, ofrécense diferentes opcións de abonos familiares de 20 entradas: pai e nai (15,43 €), 1º fillo (6,17 €), 2º fi llo (3,09 €) e de balde para os seguintes. A adquisición dos bonos deberase facer previo pago ao Concello de Boqueixón no numero de conta ES68 2080 0320 2531 1000 0666. Despois entregarase o recibo ou xustificante de ingreso na piscina municipal, onde se retirará o abono.
Ademais, todos os mércores de xullo e agosto, de 17:30 a 20:00 horas, haberá servizo de bibliopiscina con libros para as familias, así como actividades para as crianzas. Iso si, nos días de choiva nos que a piscina non poida abrir, a bibliopiscina trasladarase ás instalacións da biblioteca municipal.