O Concello de Boqueixón desexa a todos os seus veciños e veciñas unha Feliz Noite de San Xoán, na que está prevista a realización de 54 cacharelas no municipio. Neste sentido, lamentamos que este ano non se poida facer o acto de entrega do lume sagrado tal e como estaba previsto, pero as condicións meteorolóxicas non o permitiron, así como obrigaron a cancelar a agardada Cerimonia do Lume Sagrado. Agardamos ter máis sorte para o ano que vén.
Así mesmo, o Concello de Boqueixón lembra algunhas recomendacións para esta noite do 23 ao 24 de xuño, como que a hora límite para rematar a celebración será as 3:30 horas da madrugada (de acordo co disposto no artigo 5.f)
da Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas do Galicia). Ademais, a persoa responsable da cacharela deberá adoptar as seguinte medidas de precaución:
- A fogueira gardará as distancias mínimas que establece a lexislación de prevención de incendios forestais a vivendas, vehículos, instalacións, tendidos eléctricos ou telefónicos e zonas vexetais susceptibles de ser queimadas.
- A súa dimensión non superará os 5 metros de altura e os 3 metros de diámetro.
- Non se queimarán residuos perigosos ou tóxicos tipo pneumáticos, aceites, plásticos, envases de aerosois, etcétera.
- En ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprais), aínda que estean baleiros
- Disporase no lugar dun sistema de extinción de incendios axeitado á proporción da fogueira.
- A fogueira permanecerá vixiada ata a súa total extinción que deberá se asegurada empapando os restos totalmente con auga.
- No caso de que se levante vento que poda dificultar a vixilancia e extinción da fogueira esta deberá suspenderse ou apagarse de inmediato.
- O solicitante será sempre o responsable dos danos e prexuízos que a fogueira ocasione.
- Será obrigatoria a limpeza dos espazos públicos autorizados ao remate da actividade, incluídos os elementos utilizados para o desenvolvemento do mesmo, inmediatamente despois de rematar a cacharela e/ou sardiñada.
- No caso de problemas chamarase ao 085 ou 112.
Adxuntos
- Nota informativa Cacharelas 2022 (48 kB)