O Concello de Boqueixón informa de que mañá venres 10 de xuño, ás 12:30 horas, terá lugar unha charla aberta sobre servizos de gas a través da aula virtual de consumo. A xornada será impartida por persoal do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) dentro do seu programa “Venres de Consumo responde”.
A participación é totalmente de balde, polo que calquera veciño ou veciña de Boqueixón que queira acceder a esta charla só ten que seguir estes pasos:
- Entrar na web do IGCC este venres a partir das 12.00 horas: https://consumo.xunta.gal/gl
- Facer click na imaxe “Venres de consumo”
- Entrarás nunha aula de Videoconferencia. Aquí tes dúas opcións:
- Se tes Webex instalado, uniraste directamente cando premas “Acceder”
- Se non tes Webex, preme “Unirse desde o navegador”.