O Concello de Boqueixón informa de que o CFEA de Sergude organiza o curso “Laboreos e escarda mecánica: condicionantes, PRL e apeiros”, que terá lugar no Pazo de Quián do 4 ao 8 de xullo. Un curso de 20 horas de formación, en horario de 10:00 a 14:00 horas.
O alumnado que asista a este curso aprenderá a relacionar as características do solo coa técnica de laboreo e a identificar as diferentes técnicas e máquinas de laboreo, sabendo seleccionar as máis axeitadas. Así mesmo, coñecerá como realizar o enganche, regulación e manexo da maquinaria de laboreo en condicións de eficiencia e seguridade, así como as prácticas máis adecuadas dende un punto de vista ecolóxico. Consulta o programa.
Aquelas persoas que estean interesadas, poden presentar a súa pre-solicitude nesta dirección: https://ovmediorural.xunta.gal/es/consultas-publicas/acciones-formativas
Adxuntos
- Programa Laboreos (93 kB)