O Concello de Boqueixón lamenta informar de que, por razóns alleas á organización, vémonos na obriga de aprazar as dúas visitas ao Pico Sacro programadas para esta fin de semana. Deste xeito, a visita xeolóxica guiada “Viaxe á orixe xeolóxica do Pico Sacro” prevista para mañá sábado, trasladarase ao sábado 12 de xuño, ás 12:00 horas. Pola súa banda, a visita teatral “A Raíña Lupa e o encanto do Pico Sacro” prevista para o domingo 29 de maio, trasládase ao domingo 25 de xuño, ás 17:30 horas. Desculpas polas molestias.
En ambos os dous casos, como no resto das actividades programadas do “Mes e Pico”, a participación é de balde, se ben o número de prazas é limitado e hai que anotarse previamente no Departamento de Turismo de Boqueixón, no teléfono 981 513 061 ou no mail boqueixonturismo@gmail.com.