O Concello de Boqueixón informa de que a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia conta cunha oferta de prazas xuvenís dentro do programa da Campaña de Verán 2022. Trátase dunha reserva específica de prazas gratuítas nos campamentos xuvenís dirixidas, preferentemente, aos fillos e fillas de mulleres vítimas de violencia de xénero que residen nalgún centro de acollida.
REQUISITOS
- Nenas e nenos que residen nun centro de acollida da Rede galega de acollemento e fillos/as de mulleres usuarias do Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de xénero.
- Nenas e nenos que non fosen beneficiarias/os destes campamentos no ano 2021.
- Con medidas de protección en vigor.
- Data de emisión do documento acreditativo da situación de violencia de xénero (segundo art. 5 da Lei galega 11/207; e preferencia ao máis recente).
- Orde de entrada da solicitude con toda a documentación na Secretaría Xeral da Igualdade.
Para participar neste programa, e seguindo as indicacións da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, é imprescindible que os nenos e as nenas
saiban nadar
PRAZOS
O prazo de presentación de solicitudes remata o 3 de xuño do 2022.
Para calquera consulta poder informarse no Centro de Información á Muller de Boqueixón, chamando ó teléfono 981 513106 ou no correo electrónico cim@boqueixon.gal ou ben chamando aos teléfonos 881 995.533 e 981 957.268 (Esther e Pilar) da Xunta de Galicia.