O Concello de Boqueixón informa de que o prazo para a selección de persoal para a provisión, en réxime laboral temporal, de 3 postos de peóns/peoas de obras públicas durante 5 meses, ao abeiro do Programa PEL-Concellos 2022 da Deputación da Coruña, estará aberto ata o vindeiro 25 de abril.
As persoas que desexen tomar parte neste proceso selectivo deberán presentar as súas instancias de solicitude debidamente cumprimentadas (no modelo que se engade como Anexo I) e a declaración xurada (Anexo II) dirixidas ao alcalde e a través da sede electrónica ou no Rexistro Xeral do Concello de Boqueixón en horario de atención ao público (de luns a venres, de 9:00h. a 14:30h, e solicitando cita previa).
No caso de que as solicitudes sexan presentadas noutros rexistros, e a efectos de realizar o seu seguimento, as persoas solicitantes deberán remitir unha copia da instancia xa rexistrada mediante correo electrónico dirixido a emprego@boqueixon.gal antes do remate do prazo de presentación de solicitudes. Máis información: