O Concello de Boqueixón informa de que unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitará Lestedo o venres 22 de abril, en horario de 15:45 a 21:00 horas. O vehículo estará aparcado diante de Abanca.
Lembra que tes ao teu dispor un teléfono gratuíto no que solicitar autocita para doar sangue dun xeito cómodo e seguro (900 100 828). Para doar só é preciso ter máis de 18 anos e pesar máis de 50 quilos. Ademais, hai que acudir almorzado e, como mínimo, 2 horas despois do xantar. Só será preciso presentar o DNI ou documento similar, se non se dispón da tarxeta de doador.