O Concello de Boqueixón publica as bases de selección e os anexos para a contratación de tres peóns/peoas de obras públicas do programa PEL-Concellos 2022, de axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais para o Concello de Boqueixón no ano 2022.
As persoas que desexen tomar parte neste proceso selectivo deberán presentar as súas instancias de solicitude debidamente cumprimentadas (no modelo que se engade como Anexo I) e a declaración xurada (Anexo II) dirixidas ao alcalde e a través da sede electrónica ou no Rexistro Xeral do Concello de Boqueixón en horario de atención ao público (de luns a venres, de 9:00h. a 14:30h, e solicitando cita previa), durante o prazo de dez días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
No caso de que as solicitudes sexan presentadas noutros rexistros, e a efectos de realizar o seu seguimento, as persoas solicitantes deberán remitir unha copia da instancia xa rexistrada mediante correo electrónico dirixido a emprego@boqueixon.gal antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
Máis información:
BASES SELECCION 3 PEONS PEL DEPUTACION 2022
Adxuntos
- BASES SELECCION 3 PEONS PEL DEPUTACION 2022 (336 kB)
- ANEXO I (191 kB)
- ANEXO II (205 kB)