A casa consistorial de Boqueixón iluminarase de azul o serán do sábado 2 de abril como mostra de apoio e solidariedade coas persoas con autismo (TEA) e as súas familias. Unha iniciativa que coincide coa conmemoración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2022 e que xurde dunha campaña mundial “Light it Up Blue” promovida por Autism Speaks e apoiada por Autismo Galicia, onde poderás atopar máis información sobre os trastornos do espectro do autismo.
No ano 2021 sumáronse á iniciativa máis de 400 municipios de España, dos que medio cento eran de Galicia. Entre os máis salientables figuraron a Torre de Hércules, a Cidade da Cultura, As Burgas ou o CGAC, entre outros.