Un grupo de 23 alumnos/as de 1º da ESO do CPI Antonio Orza Couto participou nunha plantación de carballos, castiñeiros e cerdeiras no monte demostrativo do Pico Sacro. Unha iniciativa organizada pola Asociación Forestal de Galicia con motivo da celebración, onte luns 28 de marzo, do Día Internacional dos Bosques.
Ao acto asistiron o alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, así como o vicepresidente de Relacións Institucionais da AFG, Francisco Dans del Valle, e o seu equipo técnico, quen lles explicaron ao alumnado as experiencias que están a levar a cabo no monte demostrativo do Pico Sacro e lles axudaron a facer a plantación de árbores frondosas.
- Categoría (s): Boqueixon, OMIX
- Publicada o