A Xunta de Galicia vén de convocar axudas para achegar Internet de alta velocidade a autónomos e empresas illadas en zonas do rural galego. Unha liña de axudas que conta cun orzamento inicial de case 800.000 euros, cofinanciados a través do FEADER (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural).
As persoas autónomas e empresas interesadas en acceder a estas axudas deberán presentar as súas solicitudes antes do 9 de maio de 2022. Máis información na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal) co código PR604A, a través do correo oficina.bandalarga@xunta.gal ou no teléfono 981 957 868, de luns a venres en horario de 9:00 a 15:00 horas.
Para poder acceder a estas axudas é preciso non dispoñer de cobertura actual de Internet de, cando menos, 30Mbps e manter a alta no servizo que sexa contratado durante 1 ano cando menos. A subvención cubre ata o 100% dos custos para a dotación de banda larga ultrarrápida, ata un máximo de 20.000 euros por proxecto.
Adxuntos
- 2022 Folleto axudas empresas illadas (777 kB)