Boqueixón conta a día de hoxe con 14 casos positivos de Covid, dous menos ca onte, e volve ao camiño de descenso das últimas semanas. A catorce días tamén hai un novo descenso: 30 castos diagnosticados, sete menos ca onte luns. Porén, a nivel galego, o ritmo de descenso é moito maior.
Así, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 16.865 deles 3.356 son da área da Coruña, 2.132 da de Lugo, 2.000 da de Ourense, 1.913 da de Pontevedra, 3.341 da área de Vigo, 2.985 da de Santiago e 1.031 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 27 están en UCI, 407 en unidades de hospitalización e 16.431 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 478.541 persoas curadas, rexistrándose 3.109 falecementos.