Este martes 22 de febreiro trae boas novas para Boqueixón que, por primeira vez no que vai de ano, baixa da vintena de casos positivos. Concretamente, o número de casos diagnosticado nos últimos 7 días é de 16, cinco menos ca onte. Tamén baixa a incidencia a 14 días, neste caso de 43 a 42 casos.
A nivel Galicia continúa o descenso de casos, que xa non sobrepasa os 25.000. En concreto, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 24.102 deles 5.153 son da área da Coruña, 2.743 da de Lugo, 2.816 da de Ourense, 2.654 da de Pontevedra, 4.928 da área de Vigo, 4.187 da de Santiago e 1.362 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 31 están en UCI, 546 en unidades de hospitalización e 23.525 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 462.043 persoas curadas, rexistrándose 3.079 falecementos.