Este luns 21 de febreiro chega con bos datos sobre a evolución da situación sanitaria en Boqueixón. Así, o número actual de casos activos é de 21, dous menos ca na semana pasada. Así mesmo, o número de casos diagnosticados a catorce días baixa dos 52 ata os 43 actuais. Aínda así, as incidencias acumuladas para Boqueixón a 7 e 14 días continúan por riba dos 250 e 500 casos.
Máis forte é o descenso a nivel autonómico, onde a baixada é de case 7.000 casos. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 25.970 deles 5.507 son da área da Coruña, 2.921 da de Lugo, 3.001 da de Ourense, 2.877 da de Pontevedra, 5.408 da área de Vigo, 4.536 da de Santiago e 1.440 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 31 están en UCI, 567 en unidades de hospitalización e 25.372 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 458.468 persoas curadas, rexistrándose 3.075 falecementos.