O Departamento de Cultura do Concello de Boqueixón informa de que a Deputación da Coruña ten aberto o prazo de solicitude en dúas convocatorias de axudas para entidades culturais sen ánimo de lucro. Trátase de:
- Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para facer actividades culturais durante o ano 2022. Con axudas de entre 1.500 e ata 30.000 euros. O prazo de solicitude rematará ás 14:00 horas do 4 de marzo de 2022. Máis información.
- Programa de subvencións ás entidades sen ánimo de lucro para facer inversión culturais durante o ano 2022. Axudas de entre 1.500 e 30 euros. O prazo de solicitude rematará ás 14:00 horas do 31 de marzo de 2023. Máis información.